
Dentro da firme aposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola seguridade viaria e a redución da sinistralidade nas estradas púxose en marcha o Programa de transporte nocturno a lugares de lecer, coñecido como NOITEBÚS, cuxo obxectivo é ofrecer unha alternativa de transporte a lugares e en datas e horarios preferentemente vinculados ao goce do tempo de lecer.
Coa finalidade de fomentar o seu uso, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixou o prezo dos billetes en 2 Euro, ida e volta, que dará dereito á utilización sen límite de veces do servizo ao longo dunha mesma xornada.
Inicialmente estes servizos configuráronse como unha experiencia piloto que, logo da súa favorable acollida, se considerou necesario estender temporal e xeograficamente.
Para favorecer esa extensión, ademais da implicación dos concellos e das empresas de transporte de viaxeiros, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas habilitou unha liña de subvencións para o establecemento de servizos baixo a marca NoiteBús.
Rutas Provincia de A Coruña (852 Kb)
Rutas Provincia de Lugo (429 Kb)
Rutas Provincia de Ourense (320 Kb)
Rutas Provincia de Pontevedra (345 Kb)