
1.- ¿QUE É O TES+BUS?
O Programa de Transporte Escolar Compartido de Galicia, TES+BUS, é un proxecto conxunto da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co obxectivo da promoción do transporte público colectivo en zonas de carácter rural.
A actuación TES+BUS consiste na utilización mixta dos servizos de transporte escolar público, de tal xeito que calquera cidadán das zonas onde se implanta poderá utilizar para os seus desprazamentos as rutas destes servizos.
O obxectivo do TES+BUS é facilitar os desprazamentos da poboación de zonas con escasos servizos de transporte público de xeito que, aproveitando o percorrido dos autobuses escolares, os habitantes dos lugares polos que estes discorren poidan acceder ás cabeceiras dos concellos onde, xunto cos centros escolares, normalmente se atopan os servizos básicos tanto administrativos, como sanitarios, bancarios, etc.
Foi precisamente o feito da escaseza de servizos de transporte público concesional xunto coa baixa densidade da poboación, un dos criterios seguidos para a elección das zonas nas que se implantará este servizo, aos que se engadiron outros criterios como a existencia nas rutas de transporte escolar de prazas libres e da figura da persoa acompañante e adulta que vela pola orde no interior do autobús.
2.- ¿ONDE FUNCIONA O TES+BUS?
Provincia de A Coruña
A Baña
A Capela
As Pontes de García Rodríguez
Cedeira
Cerceda
Cerdido
Cesuras
Coristanco
Frades
Laracha
Mazaricos
Melide
Neda
Ortigueira
San Sadurniño
Toques
Touro
Tordoia
Vedra
Zas
Provincia de Lugo
Alfoz
Baleira
Becerreá
Castroverde
Cervantes
Fonsagrada
Guitiriz
Guntin
Lugo
Meira
Monforte de Lemos
Ourol
Paradela
Pastoriza
Pedrafita do Cebreiro
Portomarín
Quiroga
Riotorto
Saviñao
Sober
Provincia de Ourense
A Bola
A Peroxa
A Rúa
A Veiga
Allariz
Amoeiro
Avión
Boborás
Castro Caldelas
Carballeda de Avia
Celanova
Cortegada
Entrimo
Gomesende
Laza
Leiro
Lobios
Maceda e Xunqueira de Espadañedo
Melón
Mezquita
Muiños
O Barco de Valdeorras
Os Blancos
O Bolo
O Carballiño
Oimbra
Pobra de Trives
Ribadavia
Sandiás
San Cristovo de Cea
Verea e Bande
Verín
Viana do Bolo
Vilardevós
Vilariño de Conso
Xinzo de Limia
Xunqueira de Ambia
Provincia de Pontevedra
A Cañiza
A Estrada
Agolada
Arbo
As Neves
Campolameiro
Catoira
Cotobade
Crecente
Forcarei
Fornelos de Montes
Gondomar
Lalín
Meis
Mondariz
O Covelo
Portas
Rodeiro
Salceda de Caselas
Salvaterra de Miño
Silleda
Vila de Cruces
3.- ¿EN QUE DATAS FUNCIONARÁ O TES+BUS?
O funcionamento do TES+BUS coincidirá cos días e horarios nos que se realice o transporte escolar en cada un dos cursos escolares.
4.- ¿CAL É O PREZO DO TES+BUS?
Os cidadáns que utilicen os servizos do TES+BUS aboarán 1 Euro por cada viaxe que realicen.
5.- ¿QUE NORMAS SE APLICAN NO TES+BUS?
No TES+BUS implantaranse unhas normas que rexerán na utilización conxunta dos servizos de transporte escolar, e que, en todo caso, primarán a súa utilización polos escolares.
- Viaxará unha persoa acompañante e adulta, que será a que regule a orde no autobús.
- Os usuarios poderán subir en calquera das paradas da ruta escolar
- Os usuarios poderán baixar en calquera das paradas da ruta escolar ou ao chegar ao centro educativo
- Non se poderá subir con vultos que, a xuízo da persoa acompañante, poidan entorpecer o paso.