A Dirección Xeral de Mobilidade ten como obxectivo o fomento do sector do transporte, dende as súas distintas vertentes.
Nesta actuación de fomento, avogaremos, no que se refire ao sector de transporte de viaxeiros, pola adopción de políticas favorecedoras do uso do transporte público dirixidas, basicamente, cara ao cidadán, coa mellora e dotación de novos servizos, a redución do prezo dos billetes, a instauración de billetes combinados e adoptando medidas específicas para cada sector concreto da sociedade, por exemplo, para a xente nova, as zonas rurais, as áreas metropolitanas...
En canto ao transporte de mercadorías, as actuacións deste departamento van encamiñadas a garantir a súa competitividade nun sector liberalizado onde continuamente aparecen novos retos aos que o sector debe facer fronte.
Finalmente, respecto ao resto dos modos dos transportes, sobre os que a Comunidade Autónoma de Galicia non ten competencia exclusiva, poremos o noso esforzo en conseguir que os mesmos ofrezan a calidade e dean a resposta axeitada ás demandas dos galegos.